domingo, 23 de octubre de 2022

A LENDA... DA MARUXAINA

 Logo de validar as fontes e poñer en común a información atopada, xa podemos comezar por a lenda.


LENDA- s.f. Unha lenda é unha historia, oral ou escrita con elementos fantásticos ou imaxinativos. Este relato tradicional pode ter un fondo histórico que foi deformado e esaxerado co paso dos anos, ao ir pasando de xeración en xeración.


                   A LENDA DA MARUXAINA

Existe en Galicia unha lenda sobre unha serea chamada Maruxaina.

Hai dúas versións da lenda da Maruxaina.

Uns din que a Maruxaina era unha serea da Mariña de Lugo. 

Os mariñeiros atraídos polos seus cantos melodiosos ou polos seus berros sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantíns dos Farillóns. 

Os mariñeiros de San Cibrao dicidiron organizarse para acabar coa serea. Unha noite escura, sen lúa ,embarcaron e decidiron ir a buscala. Para non escoitar os cantos de serea, os mariñeiros facían soar os cornos. Perto dos Farillóns apagaron as luces e ,naquela escuridade, os mariñeiros conseguiron cativar á Maruxaina. Levárona á vila onde foi xulgada e condenada a morte.

Outros opinan que a Maruxaina é unha serea salvadora. Afirman que lonxe de facer naufragar aos barcos, evitaba que os pesqueiros bateran contra abrupta costa. Evitaba os naufraxios! Eran cantos e berros que advertían do perigo. Perigo de saír ao mar cando había mal tempo.

En canto a como era A Maruxaina, tamén atopamos distintas informacións.

Hai que ven en ela unha loira e fermosa muller pero con cola de peixe. Outras persoas ven en ela a unha velliña bondadosa, que vive sóa e pasa o tempo fiando na súa roca.

A Maruxaina vive na cova de "Xan o Vello", baixo o illote Sombriza, nas Illas Farillóns.

A Maruxaina, nesta segunda opinión, era unha protectora dos mariñeiros. Sóa, entre as rochas da Sombriza e fiando na súa roca, sabía ler o ceo e o mar. Cando ía mal tempo, subía rápidamente ao penedo máis alto e alí poñíase a berrar para dar aviso de que non era día de saír ao mar. Advertindo que voltaran os barcos a terra polo risco que tiñan para os propios mariñeiros e as súas familias.

Dende 1985, en San Cibrao (Concello de Cervo), cada segundo sábado de Agosto celébrase unha festa onde se representa a captura, o desembarco e o xuizo da serea :A Maruxaina.

(Texto de Antía,reunindo a información atopada)




En breve incluirase nesta entrada A LENDA en versión audio. ( Estamos traballando niso). 



lunes, 19 de septiembre de 2022

ANTES DE CONTAR A LENDA...

Fixemos un bo traballo de documentación para poder escribir sobre A Praia do Torno e  A Lenda da Maruxaina.

Procuramos en fontes fiables nas que poder contrastar información:

  • Galicia Encantada
  • Páxina web oficial do Concello de Cervo
  • Turismo.gal
  • Libro: San Ciprián, parroquia de Lieiro. Manuel Barro Quelle

  Aprendimos a recoller os datos relevantes para logo poder narrar.

Tamén aprendimos que, para ilustrar o noso traballo, non podemos poñer calquera imaxe que encontremos en Google.

Así que, algúns de nós, aproveitamos para dar un paseo pola propia Praia do Torno e tiramos unhas fotos, da Praia e do monumento  A Maruxaina. Xa temos imaxes para poder acompañar o noso traballo.

 

 Foto: Julia 5ª

Canto misterio, verdade? Unha muller serea?!

 Non se libra de ser xulgada!

Axuda aos mariñeiros ou fainos naufragar?

Na próxima entrada narraremos a Lenda coa información atopada.


domingo, 11 de septiembre de 2022

Dende a Península da Paz! Aula da Praia do Torno

 Ola!

Somos o grupo de 5º de EP do CEIP Península da Paz.

 O noso colexio está na localidade de San Cibrao, pertencente ao Concello de Cervo, na comarca A Mariña  Lucense.

San Cibrao é unha península con diferentes areais.

As aulas do colexio levan nome de Praias. A nosa aula é a Praia do Torno.

Pois dende o Torno, e dando moitas voltas, conseguiremos moitas aprendizaxes.

Partimos do escenario dunha praia urbana, grande e céntrica. No mar, a unha milla da terra, temos o arquipélago Illas Farallóns. Na principal das illas (A Sombriza), e na cova de "Xan o vello", di a lenda que vive A Maruxaina...

Que gañas de aprender máis e máis cousas do noso en-Torno máis preto! Comezamos? 

Que sabemos da lenda da Maruxaina? 

Foto: Óscar G. 5ºEP

Enlace a Galicia Encantada 

 

A LENDA... DA MARUXAINA

  Logo de validar as fontes e poñer en común a información atopada, xa podemos comezar por a lenda. LENDA - s.f. Unha lenda é unha historia,...