Ola!
Somos o grupo de 5º de EP do CEIP Península da Paz.
O noso colexio está na localidade de San Cibrao, pertencente ao Concello de Cervo, na comarca A Mariña Lucense.
San Cibrao é unha península con diferentes areais.
As aulas do colexio levan nome de Praias. A nosa aula é a Praia do Torno.
Pois dende o Torno, e dando moitas voltas, conseguiremos moitas aprendizaxes.
Partimos do escenario dunha praia urbana, grande e céntrica. No mar, a unha milla da terra, temos o arquipélago Illas Farallóns. Na principal das illas (A Sombriza), e na cova de "Xan o vello", di a lenda que vive A Maruxaina...
Que gañas de aprender máis e máis cousas do noso en-Torno máis preto! Comezamos?
Que sabemos da lenda da Maruxaina?
Foto: Óscar G. 5ºEP
No hay comentarios:
Publicar un comentario